Facendo viño artesán

Os viños de Sada non se fabrican... colléitanse

  1. Refrescado da uva vendimada durante o rocio da noite.
  2. Descangado, que é a separación do cangallo do vago para eliminar os malos alcoholes.
  3. Amolecido ou introducción dos vagos rotos nas tinallas. Dará lugar ó mosto.
  4. Remexido do resultande do descangado para que a maceración sexa uniforme.
  5. Esviñado do mosto das tinallas para as cubas.
  6. Torcer os vagos resultantes do esviñado e pasalo mosto resultante para as cubas.
  7. Baldón aberto das cubas entre 20-30 días. Esto facilitará a saida de gases no proceso de cambio do mosto a viño, debido a fermentación espontanea que as levaduras da propia natureza transformarán os  azúcares en alcohol.
  8. Desborre ou primeira trasfega. Faise a primeiros do Outono para limpar a borra resultante da transformación.
  9. Baldón fechado e ben cheas as cubas para evitar o ar.
  10. Proba do San Martiño. A partir do 11 do Novembro xa podemos probar o viño novo que dou lugar o celebramento da festa do magosto, disfrutando del coas castañas, chourizos e barrigas de porco.
  11. Segunda trasfega e primeiro filtrado. A primeiros do Nadal, o viño xa comeza a ser lindo e os sabores e cheiros xa din o que vai ser no futuro.
  12. Segundo filtrado a finais de Xaneiro. Nesta data o producto xa é viño, pero falta que a forza vigorosa do novo sufra o pulido natural do tempo para que viño e paladar fiquen en perfecta simbiose.
  13. Envase, encorchado, encapsulado, etiquetado e embalado. A finais do Febreiro e até a primeira quincena do Marzal debense practicar estas operacións para evitar a perda de vigor e propiedades. Continuando o progreso e o redondeo nos envases durante os seguintes meses.
Proba o noso viño
Ver restaurantes >

Pide o noso viño no

981 631 820

quintavaldesonheiro@quintavaldesonheiro.com