Viños de sada

19/04/2011

Descobrimos os viños de Sada na Quinta do val de Sonheiro, os propietarios conversan con nós de como chegaron a produzir nesta zona, viños brancos e tintos tan bons.

¿Como se lles dou por elaborar este regalo natural para os que gostamos do viño?

Fixemos unha pequena plantación hai 20 anos co ánimo de recuperar os sabores de antes, baseados nunha combinación de porcentaxes de castas da zona. Demos coa forma de cociñar fai tres anos e dispois da proba con varios amigos que tiñan restaurantes e desexos de ofrecer a propios e visitantes viños de Sada, decidimos solicitar o registro sanitario de legalizar o proceso de elaboración, embotellado e etiquetado para a posta no mercado.

Probamos en sada e Betanzos, en restaurantes moi coñecidos os viños Covadanza e Pena da Erba. Algúns entendidos chamarían viños de autor a estes caldos feitos con fermentación espontánea e até poderían definilos como viños xenuinamente galegos con ardís, refrescantes, larpeiros e medievais.

Analizamos a beleza da etiqueta que relembra a nosa orixe Zéltica, mentres as contraetiquetas seduzen a quen as lea polo contido, un reclamo coa lenda, A Categoría do Enxebre convida a solicitar do sumiller que nos descorche unha botella. Todo un verdadeiro plan comercial que recorda os filmes da actividade.

Vostede non cree que debería compartir con outros artesanos para que estes viños chegaran máis rápidamente o público?

Compartiremos pero antes hai que ter paciencia, para que os degustadores teñan tempo a rehabituar o paladar os nosos nobles sabores casi esquezidos por outros, que son promovidos como novas tendencias.

Agora que os consumidores están habituados os sabores de rioja, douro, et..., vostede cree que o restaurante galego especializado terá en conta os viños artesanais?

Compartiremos pero antes hai que ter paciencia para que os degustadores teñan tempo a rehabituar o paladar os nosos nobles sabores casi esquezidos por outros, que son promovidos como novas tendencias.

Sr. Farruco non cree que existe moita concurrencia e que o mercado está cheo de marcas e producto de todas partes?

O mercado está cheo, con marcas que saen das mismas industrias, é dicir existe moito producto igual, con moitas etiquetas diferentes e aínda recoñecendo que están ben feitos, mantense o espacio para os viños de artesanía, que é o noso lugar.

Estes viños valen moito, puideran non estar ó alcance de tódolos petos?

As cousas boas son para momentos singulares e non será difícil encontrar estes viños nas cartas dos mellores restaurantes do entorno, como únicos, diferentes e nosos, para que a xente poida disfrutar de estes caldos case que de colección.

A presentación do producto é importante, ¿como vai a mostrar o Covadanza e o Pena da Erba?

Tanto o branco coma o tinto van ir en botella de 75 c.c. en caixas de 6 e 12 unidades, decoradas como é habitual con elegantes etiquetas e fermosas lendas.

Ademais este ano presentaremos como novidadm caixa expositora con dúas botellas para que os restaurantes poidan dar servicio ás peticións dos clientes que gusten de comprar este tipo de producto para regalo.

Finalmente, desexamos para os viños Covadanza e Pena da Erba excelentes éxitos a través do boca a boca de aqueles que gusten de estes excelentes caldos galegos produzidos nesta pequena gran adega que descobrimos na Quinta Val de Sonheiro de Sada.