As marcas. Os viños de Sada non se fabrican... colléitanse

Rías Medias Tinto P.V.P: €

Rias Medias orixe do Pai Breogán. Rías Artábricas de Betanzos e Sada, de Miño e da Ponte do Porco, de Ares e Pontedeume, do Ferrol e Mugardos, da Coruña e do Burgo.Terras enxermadas do bó manxar e dos viños enxebres. Tintos medievais con travo natural e brancos lexitimos milenarios, que este arco atlántico nos oferece cheo de refrescantes sabores, que nos lembran a historia do saber e o explendor das boas e xenerosas Terras Galegas.

Un viño Galego-Mariñán e de Sada, con cerne para os homes e as mulleres do norte. Enxerga o sangue roxo-vermello do medulio, o fresquío da nordesía, a vigorosa forza do breixo e a armonía do maraxe. Xa os vedoiros dicían: “quen me beba, vai experimentar o ardís do esquecido, o sabor do enxebre, do noso. Vai reviver saboreando un dos moitos, agradaveis, refrescantes e egrexios caldos da fruta do País. Vai relembrar os tempos en que os bons e xenerosos facían de min un viño que falaba”. X. Farruco 2008

Castes: Retinto, A Rorís, o Torneiro, a Carambuñeirae o Negrón

Rías Medias Branco P.V.P: €

Rias Medias orixe do Pai Breogán. Rías Artábricas de Betanzos e Sada, de Miño e da Ponte do Porco, de Ares e Pontedeume, do Ferrol e Mugardos, da Coruña e do Burgo.Terras enxermadas do bó manxar e dos viños enxebres. Tintos medievais con travo natural e brancos lexitimos milenarios, que este arco atlántico nos oferece cheo de refrescantes sabores, que nos lembran a historia do saber e o explendor das boas e xenerosas Terras Galegas.

Nunha noite máxica de luar, cheirando ó soño da fortuna, camiñaba sen vagar polos outeiros do Fiunchedo, dende a fonte do raposo ate a praia de Morazón, para escoitar na Covadaza falar os deuses, saboreando os misteriosos zumes dos brancos lexítimos, nascidos das cepas milenarias nos vales e croas das lexendarias terras galaicas. X. Farruco 2007

Castes: a Raposeira, o Parpal e a Agudela.

Proba o noso viño
Ver restaurantes >

Pide o noso viño no

981 631 820

quintavaldesonheiro@quintavaldesonheiro.com